viernes, 23 de septiembre de 2011

QUÉROTE (segundo texto en gallego del blog)

Quérote. Con todas as letras. Dígocho baixiño porque me da medo. Susúrrocho, de maneira case imperceptible, mentras deixo que escondas as túas mans debaixo da miña roupa. Noto os teus beizos apoiados no meu hombro, suaviño, e reafírmome. Quérote, quérote, quérote… Sorrís. Quen puidera quedarse eternamente neste segundo… Mírasme co ollar inquedo, tímido, vergonzoso, pícaro, intelixente. Clávasme os ollos, as túas pupilas case que azuis, e disme: repíteo. Daquela calo e desvío a mirada, intentando non toparme con eses dous faros que me buscan. Por uns instantes, só estiveches ti, ti e os meus pensamentos. E agora pídesme que repita, con sinceridade, palabras que só fun quen de decirlle á túa pel, morna. Palabras que creía que non oías. Non me deixas fuxir, porque xa comezas a coñecer o percal, e sabes que tan rápido como viñen marcho, e xírasme con suavidade cara ti. Quérote. Esta vez es ti quen o susurra, pero totalmente consciente de que te escoito, de que non podo evadirme. Mentras tanto, elévasme unha man e bícasme nela. Deixo esvarar o teu tacto pola miña pel e sinto de repente que necesito volver a probar o teu sabor. Achégome a ti para darche un bico e sen dubidalo, esquívasme. Non, dimo. Non é unha obligación. Sei que mo estás pedindo, case como un favor, como unha mostra pequena deste amor que me custa tanto dar e máis aínda recibir. Por un instante, recordo todo. As túas mans correndo polas miñas pernas. Os meus beizos buscando a túa respiración. As túas palabras enredándose de a pouco nos meus pensamentos. O teu sorriso cada mañá, cando esperto e vexo que me miras. Quérote.

3 comentarios: