miércoles, 1 de junio de 2011

O meu espello roto

¿Qué tal o día, pendón? Sonrío
Sempre, ou bueno, case sempre, consegue facerme rir. E iso que fai séculos que non oigo a súa voz nin vexo a súa cara máis que en fotos. Xa só nos comunicamos por escrito (benditas tecnoloxías).
Dende que o coñecín non para de sorprenderme. É como verme nun espello roto, xa sabedes, estás ahí reflexado, pero eres lixeiramente diferente. Foi no verán, nas festas da Barca. Fun de mala gana e acabei pasando dous días cheos desas anécdotas que nunca lles contarás aos teus netos. Na tenda de enfrente, a primeira noite, dous pares de ollos cantaban “How wonderful life is…”. Soñadores, románticos empedernidos, cun sorriso na boca e complexo de Peter Pan no bolsillo do pantalón vaqueiro. E sí, un deses pares de ollos era él, o meu pendón favorito. Non deixa de sorprenderme cando mestura un lado infantil, mesmo inocente, con esa aparente seguridade, labia, con ese non sei qué de galán en branco e negro. Supoño que o que máis me gusta é esa teima de falar sen parar que ten o que un día me chamou “pesadelo lingüístico”. A moita honra señor Lorenzo. E supoño que é eso tamén o que mantén esta especie de amizade. Eso e esa semellanza da que xa falei. No meu particular espello roto atopo orgullo, medo ao compromiso, a necesidade imperiosa de falar polos codos mentres haxa cousas que decir, gusto polo imposible e polos retos a superar día a día, un certo medo a crecer que disimulamos baixo esta seguridade aparente e un concepto do romanticismo polo que loitamos e morremos, pero ó que nós mesmos matamos en cada paso atrás ante unha decisión.
Podería dedicarche máis liñas, pero ás veces hai que cribar os pensamentos para deixar de falar por falar e, realmente, decir.
"Eras un pez grande en un estanque pequeño. Esto es el océano y te estás ahogando" Big Fish

Creative Commons License
Este texto se encuentra protegido por la licencia Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License.

.

3 comentarios:

  1. Increíble chorro de expresividade srta Salamandra con unha gran frase final.Máxico todo en si.

    ResponderEliminar
  2. Gracias :) algo se me ten que pegar da túa, non?

    ResponderEliminar
  3. Mira encontré tu blog señorita , y estoy de acuerdo con Shion sigue adelante que vas genial =)
    un beso paranoica ^^

    ResponderEliminar